VOLTA CICLISTA A GALICIA


Enfundamonolo maillot amarelo, collimos a bici e coa axuda dun mapa de relevo de Galicia diseñamos a nosa propia volta ciclista. Atravesamos rios, subimos portos de montaña, pasamos por as metas voantes das cidades galegas, pero sobre todo, estudamos o relevo da nosa terra. Nunca pensamos que poidésemos aprender a xeografía de Galicia deste xeito, e estivo ben. Despois de analizala etapa no mapa, estudámola co Google Earth e vimos realmente o que marcaba o mapa. Dende o Barco de Valdeorras ata Pontevedra hai unhas cantas pendentes, vales, e ainda que pareza increible, tamén hai zonas chairas, non moi grandes, pero hainas. Bueno, vai sendo hora de deixar a bici aparcada polo de agora, que ainda temos traballo que facer.

Viaxeiros Oscar Villar e Carlos Vázquez