AS BOTELLAS MUSICAIS


Esta semana en clases estivemos a facer algúns experimentos coa luz e o son. Fabricamos varios discos de Newton e experimentamos coas botellas musicais. Estas últimas son varias botellas do mesmo material, baleiras, que enchemos con auga. Cada botella cunha medida distinta de auga, o que dá un son diferente ao golpeala cunha vara de madeira. A actividade gustounos tanto que decidimos facer uns xilófonos de botellas e tocamos algúns anacos de cancións.
Viaxeira Elia Domínguez, Ramón Nogueiras, Marcos Ramos, Sandra López

VOLTA CICLISTA A GALICIA


Enfundamonolo maillot amarelo, collimos a bici e coa axuda dun mapa de relevo de Galicia diseñamos a nosa propia volta ciclista. Atravesamos rios, subimos portos de montaña, pasamos por as metas voantes das cidades galegas, pero sobre todo, estudamos o relevo da nosa terra. Nunca pensamos que poidésemos aprender a xeografía de Galicia deste xeito, e estivo ben. Despois de analizala etapa no mapa, estudámola co Google Earth e vimos realmente o que marcaba o mapa. Dende o Barco de Valdeorras ata Pontevedra hai unhas cantas pendentes, vales, e ainda que pareza increible, tamén hai zonas chairas, non moi grandes, pero hainas. Bueno, vai sendo hora de deixar a bici aparcada polo de agora, que ainda temos traballo que facer.

Viaxeiros Oscar Villar e Carlos Vázquez

BOTELLAS MUSICAIS SOBRE PATINES

PATINADOR MUSICAL

 Un pouco de Ciencia divertida!!

Atopamos este vídeo impresionante dun patinador e as súas botellas musicais e non podíamos deixar de postealo no noso blog.