AS BOTELLAS MUSICAIS


Esta semana en clases estivemos a facer algúns experimentos coa luz e o son. Fabricamos varios discos de Newton e experimentamos coas botellas musicais. Estas últimas son varias botellas do mesmo material, baleiras, que enchemos con auga. Cada botella cunha medida distinta de auga, o que dá un son diferente ao golpeala cunha vara de madeira. A actividade gustounos tanto que decidimos facer uns xilófonos de botellas e tocamos algúns anacos de cancións.
Viaxeira Elia Domínguez, Ramón Nogueiras, Marcos Ramos, Sandra López